Philippe Claudel

Philippe Claudel naceu en 1962 en Dombasle-sur-Meuthe (Francia). No seu labor como docente, impartiu clases no ensino secundario e superior e tamén no cárcere. É autor de varias novelas, pero entre as súas obras figuran tamén relatos, guións de cine e televisión, ensaios e teatro. Entre outros galardóns, recibiu o premio Renaudot pola novela As almas grises e o Premio Goncourt des Lycéens por O informe Brodeck. É guionista e director da película Hai moito tempo que te quero, que obtivo o Cesar á mellor ópera prima no ano 2009.

As almas grises
A neta do señor Linh