PAÑCATANTRA

TRADUCIÓN DO SÁNSCRITO DE JOSÉ VIRGILIO GARCÍA TRABAZO

Pañcatantra é unha das obras de maior éxito na historia literaria da India, tanto dentro do propio subcontinente como no resto do mundo. Os relatos individuais que se asocian aos “Cinco discursos de sabedoría práctica” chegaron a converterse en parte do folclore indio común transmitido oralmente xeración tras xeración.

Unha das principais fontes da fabulística, europea e hispánica –deu orixe ao famoso Calila e Dimna traducido do árabe ao castelán antigo no s. XIII–, constitúe unha senlleira mostra do uso das fábulas de animais na transmisión da sabedoría política e mundana da India clásica, cunha salientable influencia no pensamento e política occidentais dende a Idade Media.

Esta tradución é a primeira no ámbito ibérico que ten como base a edición de Edgerton (1924), primeiro autor que presentou unha reconstrución plausible do Pañcatantra orixinal, e a primeira tradución directa do sánscrito ao galego dunha obra literaria.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

 

ISBN: 978-84-92866-92-2
Nº páxinas: 276
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 21 €