Ousmane Sembène

Ousmane Sembène (1923-2007) figura entre os grandes nomes da literatura e o cine africano. Naceu en Senegal, loitou en Europa durante a II Guerra Mundial e posteriormente traballou en Francia como mecánico, estibador e albanel nos anos 50. Nesa época comezou a súa actividade política como militante comunista e publicou O estibador negro, a súa primeira novela. Interesouse polo cine coa intención de chegar a un público máis amplo, viaxou a Moscova para aprender dirección no Estudio Gorki, e despois de varias curtametraxes dirixiu en 1966 A negra de…, primeira longametraxe africana.

O xiro postal