Oryx e Crake

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE ESTELA VILLAR

“Home das Neves”, coñecido como Jimmy antes de que a humanidade fose devastada por unha praga, loita por sobrevivir nun mundo onde tal vez el sexa o derradeiro humano, mentres lamenta a perda do seu mellor amigo, Crake, e da fermosa e misteriosa Oryx, a quen os dous amaban.

O protagonista emprende unha viaxe a través da exuberante selva que ata hai pouco era unha gran cidade, na procura de respostas, e polo camiño iremos descubrindo como a humanidade acadou a súa destrución durante unha carreira incontrolada de enxeñería xenética.

Atwood bota man do seu estilo agudo e humor negro para transportarnos a un futuro próximo e ao mesmo tempo afastado da nosa imaxinación.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

 

 

ISBN: 978-84-17388-00-3
Nº páxinas: 432
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 22,50 €