O ruído do tempo

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA RODRÍGUEZ

Na década de 1930, Dmitri Shostakóvich ten uns trinta anos e Stalin asiste a unha representación da súa ópera Lady
Macbeth
de Mtsensk. No Pravda publícase unha terrible crítica que parece que o vai levar ao exilio ou á morte. Porén, o músico logra salvar esta situación.

Barnes reconstrúe nesta breve novela a vida do músico Shostakóvich e as duras decisións que tivo que tomar nos seus momentos históricos sombríos, e indaga no medo e a culpa, na dificultade de comportarse con honradez nos tempos de barbarie e na difícil supervivencia da arte neses anos terribles.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

ISBN: 978-84-17388-35-5
Nº páxinas: 194
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 17 €