O Mundo Resplandecente

TRADUCIÓN DO INGLÉS, INTRODUCIÓN E NOTAS DE Mª FE GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

O Mundo Resplandecente é unha descrición dun reino utópico e satírico situado noutro mundo, ao que se pode chegar a través do Polo Norte. Unha muller entra nese outro mundo e convértese na emperatriz dunha sociedade composta por varias especies de animais falantes e organiza a invasión do seu mundo de orixe.

O Mundo Resplandecente, amais dunha ficción ben interesante no puramente novelesco, reflicte moitas cuestións de índole social, política e de identidade que explican a atención crecente prestada a esta obra nas últimas décadas. Así, á reveladora lectura feminista que adoitou proxectarse sobre a obra ata os anos noventa do pasado século, sumáronse nos últimos lustros interpretacións en clave política, sociolóxica, histórica, filosófica ou científica que certifican o valor desta obra na escrita do xvii inglés e xustifican a súa consideración de clásico da historia da literatura europea do seu tempo.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.

 

ISBN: 978-84-17388-16-4
Nº páxinas: 166
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 155 x 220 mm
PVP: 16 €