O mago de Lublin

TRADUCIÓN DENDE O INGLÉS DE MOISÉS BARCIA RODRÍGUEZ

O mago de Lublin narra a historia de Yasha, un antiheroe excéntrico, un mago talentoso que actúa por toda Polonia a finais do século XIX. Ten un talento para abrir calquera cadeado ou saltar calquera barreira, pero os malabarismos que leva a cabo sobre o escenario esténdeos á súa vida diaria. Mentres a súa devota esposa espera por el na casa, as súas múltiples amantes agardan a súa próxima visita.

Yasha é un Don Xoán xudeu, consumido pola inquietude, que expresa nunha gran cantidade de aventuras. Porén, verase obrigado a deixar a un lado as acrobacias para atopar o seu verdadeiro eu.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.

ISBN: 978-84-17388-27-0
Nº páxinas: 252
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18,50 €