O curioso incidente do can á media noite

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, coñece as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite encontra a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, polo que decide comezar unha investigación para descubrir o asasino.

Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

 

ISBN: 978-84-17388-17-1
Nº páxinas: 290
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18,50 €