Nicolas Chamfort (Clermont-Ferrand, 1740-París, 1794) iniciou a súa carreira literaria na poesía e na comedia, representando algunhas das súas obras en varios países europeos, e formou parte da Academia Francesa a partir de 1781. En 1788 emprende a súa carreira política aliándose á causa revolucionaria. Debido á deriva violenta da Revolución, renega do seu pasado, da literatura e dos amigos, e abandona as súas posesións coa intención de conseguir unha especie de ascetismo social. Morre en 1794 debido ás infeccións producidas polas lesións que el mesmo se inflixira tentando suicidarse.
