Marsilio Ficino

Marsilio Ficino (República de Florencia, 1433 – Careggi, 1499) era fillo de Dietifeci d’Agnolo, médico persoal de Cosme de’ Medici. Na súa etapa de formación estudou lingua e literatura clásicas, filosofía, medicina e astroloxía (coñecemento que adoitaban ter os médicos da época). Nun primeiro momento, achegouse a Platón e os seus sucesores mediante traducións ao latín, mais logo adquiriu un profundo coñecemento do grego que lle permitiu interpretar os filósofos clásicos nos seus textos orixinais.

Foi ordenado sacerdote en 1473 e, moi significativamente, ao ano seguinte publica Sobre a relixión cristiá, onde propugna unha necesaria converxencia entre filosofía e relixión. A Teoloxía Platónica (1482), onde sostén a inmortalidade da alma, foi concibida como introdución á súa magna tradución ao latín (primeira a unha lingua occidental) do Corpus Platonicum (1484).

Discurso sobre a dignidade do home (e outros textos renacentistas sobre a dignidade do ser humano)