Marjane Satrapi

Marjane Satrapi (Rasht, Irán, 1969) medrou nunha familia liberal. Coa caída do Shah e a revolución islamista, foi enviada a Viena para estudar no Liceo Francés. Á súa volta, licenciouse en Comunicación Visual. Marchou a Estrasburgo e posteriormente a París, onde vive actualmente e onde comezou a publicar. A súa autobiografía en cadriños, Persépole, adaptada tamén ao cine de animación, converteuse nun best-seller internacional, gañador de numerosos premios. É autora tamén de varios libros infantís e colaboradora en revistas e xornais como The New York Times e The New Yorker.

Persépole