Margaret Cavendish

Margaret Cavendish foi unha das máis importantes escritoras en lingua inglesa do século XVII. Autora dunha copiosa produción que inclúe poesía, ensaios científicos, políticos, filosóficos, cartas, utopías, relatos curtos, obras de teatro e mesmo a biografía do seu marido e a súa autobiografía, hoxe é coñecida, sobre todo, pola publicación de O Mundo Resplandecente (1666), que pasa por ser a primeira utopía escrita en inglés por unha muller.

O Mundo Resplandecente