Margaret Atwood

Margaret Atwood (Ottawa, 1939) escribiu máis de medio cento de libro de ficción, poesía e ensaio. Coñecida principalmente pola súa narrativa, con obras como The Blind Assassin, gañadora do Premio Booker, ou Alias Grace e The Handmaid’s Tale, levadas á televisión, Atwood destaca polo seu compromiso político e social, que fica patente nas súas novelas distópicas.

Dentro deste xénero encádrase Oryx e Crake, a primeira entrega da triloxía MaddAddam.

Oryx e Crake