Luciano de Samósata

Luciano de Samósata naceu arredor do ano 120 da nosa era na cidade comercial de Samósata, á beira do río Éufrates. Viviu nunha época dourada do Imperio romano, tanto no que respecta á paz e prosperidade comercial, como no eido da cultura. Luciano foi contemporáneo do emperador Marco Aurelio e do novelista latino Apuleio; viaxou moito por Asia Menor, Palestina e a Galia, e coñecía Atenas e Roma. Conservamos unhas 80 obras súas, case todas de breve extensión, variada temática e diversos xéneros (sátiras, diálogos, novelas curtas, discursos…). É un dos autores máis enxeñosos e agudos do seu tempo.

DIÁLOGOS DE MORTOS. DIÁLOGOS MARIÑOS
RELATOS VERÍDICOS