Joe Sacco

Joe Sacco (Malta, 1960) graduouse en Xornalismo na universidade de Oregón. A súa novela gráfica Palestina, sobre os Territorios Ocupados, gañou o American Book Award en 1996. Máis tarde, con Goražde, zona segura, sobre Bosnia, foi galardoado co Will Eisner por Mellor Novela Gráfica Orixinal en 2001. Sacco tamén contribuíu con tiras de xornalismo gráfico para Details, a revista Time e Harper’s. A finais do 2009 publicouse o seu libro máis recente, Footnotes in Gaza, unha secuela de Palestina.

GORAŽDE, ZONA SEGURA
Palestina