Italo Svevo

De verdadeiro nome Aron Hector Schmitz, Italo Svevo naceu en Trieste en 1861, cando a cidade pertencía ó imperio austrohúngaro. En 1892 publicou a súa primeira novela, titulada Unha vida. Tras casar cunha prima súa en 1896, comezou a colaborar en distintos xornais, e publicou por entregas nun deles a súa segunda novela, Senectude (1898). A obra, publicada despois polo propio autor, acadou unha escasa repercusión e Svevo abandonou por completo a literatura para dedicarse exclusivamente ó comercio. En 1907 coñeceu a James Joyce, daquela exiliado en Trieste, e entre ambos os dous nacería unha fonda amizade. Volveu á literatura en 1919, ano no que comeza a escribir a súa terceira novela, A conciencia de Zeno, considerada como unha das obras mestras do século XX. Morreu en 1928.

Senectude