Ignacy Krasicki

Ignacy Krasicki (1735-1801), nado en Dubiecko, no sueste de Polonia, concretamente na rexión de Galicja, é o autor polaco más recoñecido da Ilustración. Formouse cos xesuítas en Lviv e despois en Varsovia. Estudou teoloxía durante dous anos en Roma e ordenouse sacerdote e, despois, foi bispo de Warmia e arcebispo de Gniezno. Krasicki aproveitou a súa posición social e a súa proximidade ás esferas de poder para consolidar as ideas ilustradas en Polonia. Ademais, o seu status permitiulle viaxar a cidades como París ou Berlín.

Krasicki comezou a publicar, tardiamente, cun poema heroico, Myszeida (1775), o cal contiña unha canción patriótica que foi durante moitos anos o himno nacional de Polonia, “Hymn do miłości Ojczyzny”. Tanto na súa faceta como relixioso, como na súa obra literaria, trataba de influenciar a sociedade e impulsar a súa reforma facendo patentes os seus vicios e erros. Nas obras de Krasicki evidénciase unha clara preferencia pola sátira, que se debe non só ao seu gusto persoal, senón tamén ao do seu tempo. Os ilustrados polacos atoparon na sátira e no estilo agudo o medio ideal para suscitar a polémica.

As aventuras de Mikołaj Doświadczyński