Hôzuki

TRADUCIÓN DO FRANCÉS DE MOISÉS BARCIA RODRÍGUEZ

Mitsuko rexenta unha libraría de segunda man especializada en obras filosóficas. Alí pasa os días tranquilamente coa súa nai e mais con Tarô, o seu fillo xordomudo.

Un día, unha muller distinguida entra na tenda acompañada pola filla pequena, que conecta moi ben con Tarô. Para compracer o seu fillo, Mitsuko aceptará volver velas, malia que normalmente evita facer amizades. Este encontro podería poñer en perigo o equilibrio da súa familia.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

ISBN: 978-84-17388-31-7
Nº páxinas: 114
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 16 €