Hortulus (Herbario medicinal do Mosteiro de Reichenau)

TRADUCIÓN DO LATÍN DE XOSÉ MANUEL VÉLEZ LATORRE

Trátase da primeira tradución da obra Hortulus en ámbitos ibéricos. O interese desta obra radica na pervivencia da sabedoría popular sobre as virtudes das plantas medicinais na cultura e literatura popular; aquí preséntase a plasmación culta desa sabedoría, pasada pola peneira da cultura grecolatina antiga que pervivía nas bibliotecas e ‘scriptoria’ monásticos medievais.

Escrito como un poema didáctico en versos hexámetros, o Hortulus procura instruír o lector e deleitalo cunha descrición da natureza viva, visual e chea de cor.

Esta edición inclúe unha ampla introdución, notas e un epílogo con información complementaria para cada planta, así como ilustracións tomadas de antigos manuais de botánica. Nel tentouse conxuga un carácter ameno cun mínimo rigor científico, e incluíronse aspectos da cultura popular e costumes relacionados co uso culinario ou relixioso.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.

ISBN:978-84-17388-05-8
Nº páxinas: 118
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 14 €