Hiromi Kawakami

Hiromi Kawakami (Toquio, 1958) é unha das escritoras máis populares e respectadas do seu país, amais de crítica literaria e ensaísta. Formada no eido das ciencias, a súa vida como profesora de Bioloxía mudou a partir da publicación do seu primeiro libro en 1994: unha colección de relatos titulada Kamisama. Dende entón, colleitou os maiores recoñecementos literarios do Xapón: o Premio Akutagawa en 1996; o Premio Ito Sei e o Woman Writer’s no ano 2000, e o Premio Tanizaki no 2001 por O maletín do mestre, obra da que existe versión manga e cinematográfica.

O maletín do mestre