Heinrich Böll

Heinrich Böll (Colonia, 1917 – Kreuzau, 1985) foi soldado durante a Segunda Guerra Mundial e caeu prisioneiro.

Ao principio cultivou o relato curto sobre o horror inútil da guerra. Despois comprobou con espanto a invariabilidade dos comportamentos alén dos cambios políticos.

Nado no seo dunha familia católica liberal, foi moi crítico cos grupos de poder e tamén coa igrexa, coa cal chegou a romper. Á súa muller, a tradutora Annemarie Čech, dedicoulle en 1963 as Opinións dun pallaso.

En 1972 recibiu o premio Nobel de Literatura.

Opinións dun pallaso