Guy Delisle

Guy Delisle (Quebec, 1966) estudou artes plásticas en Sainte-Foy e Toronto. Comezou a súa carreira profesional en estudios de animación, que o levaron a traballar fóra do seu país. As súas experiencias como supervisor de animación en Asia servíronlle de base para dous álbums autobiográficos: Shenzhen (2001) e Pyongyang (2003).

As súas estadías en Asia e Oriente Medio, por mor do traballo da súa muller, retratounas en Crónicas birmanas (2007) e Crónicas de Xerusalén, premiado no Salón Internacional do Cómic de Angulema.

Pyongyang