Gottland

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA

Gottland compila unha serie de crónicas históricas, reportaxes e anécdotas sobre o período que vai dende a fin da Segunda Guerra Mundial ata o 2003, que retratan dunha forma erudita e amena a sociedade checa nunha época na que tivo que resignarse á falta de liberdades. Mariusz Szczygieł consegue dar cor a unhas historias reais que resultan máis interesantes ca a ficción.

A construción do monumento a Stalin máis grande do mundo, a ascensión e caída dunha estrela de cine da que Goebbels se namorou perdidamente, a lenda de Karel Gott, o Presley checo, o imperio económico de Bata ou os esforzos da sobriña de Kafka para fuxir do mito do escritor ofrecen un interesante material de partida para este libro.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

 

ISBN: 978-84-17388-04-1
Nº páxinas: 248
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 19 €