GORAŽDE, ZONA SEGURA

Sacco, Joe

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE RAFAEL SALGUEIRO

Entre finais de 1995 e principios de 1996, o debuxante/xornalista Joe Sacco viaxou catro veces a Goražde, unha zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia que levaba tres anos e medio cambaleando no bordo da aniquilación total. Aínda rodeada de forzas serbo-bosnias, a poboación de Goražde, eminentemente musulmá, soportara duros ataques e privacións para continuar na súa vila mentres no resto de Bosnia oriental facían unha “limpeza” brutal da súa poboación non serbia. Pero así como Goražde, zona segura é un relato dun asedio terrible, tamén presenta unha instantánea de persoas que lentamente se permitían a si mesmos crer que a guerra estaba rematando e que sobreviviran.

 

 

ISBN: 978-84-92866-49-6
Nº páxinas: 240
Encadernación: Rústica
Medidas: 160 x 240 mm
PVP: 19 €