Giovanni Boccaccio

Giovanni Boccaccio (Italia, 1313-1375), fillo dun mercader e banqueiro florentino, foi enviado a Nápoles, onde, ante a súa ineptitude para os negocios, adquiriu unha sólida formación literaria e ficou impresionado polo ambiente refinado e voluptuoso da corte dos Anjou. É neste contexto de intrigas cortesás no que se situaría posteriormente a súa obra mestra, o Decamerón. Tras escribir tres obras relevantes, vese obrigado a volver a Florencia a causa da quebra do banco dos Bardi. As penurias económicas non o afastaron do seu labor literario, senón que o achegaron ao ambiente picaresco dos mercaderes. A peste que infestou Florencia en 1348 levouno a escribir o Decamerón, cuxo éxito o catapultou a distintos cargos honoríficos, como o de embaixador en Aviñón e Roma. Sen resolver os seus problemas financeiros, retirouse a Certaldo, onde sufriu unha crise espiritual que o levou a renegar da súa obra e a dedicarse á meditación relixiosa. Perdeu a vida ao ano seguinte do falecemento do seu amigo Petrarca.

DECAMERÓN