Fóra do mapa

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA RODRÍGUEZ

Nun mundo no que todos os mapas parecen trazados, e xa se descubriu e experimentou todo, Fóra do mapa ofrece unha viaxe a través das xeografías que aínda permanecen agachadas, dende illas desaparecidas a sumidoiros, cidades invisibles e terreos flotantes; un testemuño fascinante do misterioso que resulta o mundo aínda a día de hoxe.

Seguindo a tradición da psicoxeografía (a historia dos lugares e o que contan sobre nós mesmos), Alastair Bonnet celebra o amor ao lugar e o desexo de imaxinar novos sitios.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

ISBN: 978-84-17388-33-1
Nº páxinas: 288
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 21 €