Festa no xardín

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE ESTELA VILLAR

Durante os preparativos da festa dos Sheridan, Laura, a filla menor, sabe da morte dun veciño, un carreteiro apelidado Scott. A rapaza dá por sentado que a súa nai anulará a festa como mostra de respecto, pero equivócase. Esta aguda descrición da vida británica atópase no conto “Festa no xardín”, que dá título a este volume.

Nestes relatos atopamos nenos que miran sen comprender o mundo dos maiores, personaxes que non acaban de atopar o seu lugar no mundo e familias que vagan perdidas cargando co seu medo a vivir. Pola súa sutileza poética, Katherine Mansfield é considerada un referente da literatura modernista en lingua inglesa e foi comparada con Chékhov e os realistas rusos.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN: 978-84-92866-72-4
Nº páxinas: 242
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18 €