Emily Dickinson

Emily Dickinson (1830-1886) pasou a súa vida na pequena cidade de Amherst (Massachusetts, Estados Unidos), case toda ela afastada da vida social. Era coñecida como poeta sagaz e intelixente, pero negouse a facer públicos os seus escritos. A meirande parte da súa produción mantívose en segredo até a súa morte. Deixou case 1.800 poemas, que os seus familiares foron publicando ao longo dos anos.

Herba abraiada. Poemas de Emily Dickinson