Eloxio da sombra

TRADUCIÓN DO XAPONÉS DE MONA IMAI E GABRIEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ

Ademais de ser unha mostra complexa e poética dos gustos estéticos do seu autor, Eloxio da sombra constitúe un fascinante ensaio sobre a estética tradicional do Xapón, e unha defensa dos seus costumes e valores. Tanizaki dáno-la chave mestra para entende-la idiosincrasia xaponesa e ensínanos a aprecia-las sombras, a levidade dos materiais propios dos orientais, da arquitectura, da cor da pel, dos traxes e dos alimentos.

 

 

 

ISBN: 978-84-92866-03-8
Nº páxinas: 102
Encadernación: Rústica
Medidas: 110 x 170 mm
PVP: 10€