Discurso sobre a dignidade do home (e outros textos renacentistas sobre a dignidade do ser humano)

TRADUCIÓN DO LATÍN, INTRODUCIÓN E NOTAS DE FERNANDO DOMÈNECH

O tema da dignidade do home, entendido como ser excepcional dotado de libre albedrío, é tan antigo como a Xénese. Na presente edición acompañan o universalmente coñecido Discurso sobre a dignidade do home de Pico della Mirandola unha selección de tres capítulos da Teoloxía Platónica de Marsilio Ficino, precedente claro da concepción piquiana da dignidade humana, e a deliciosa Fábula sobre o home de Joan Lluís Vives, que dalgún xeito dialoga con Pico e reflicte ideas de Ficino. Desta maneira non só se dá a ocasión de apreciarmos os diversos enfoques intelectuais de tres grandes autores do Renacemento, senón tamén tres xéneros literarios distintos: a brillante oratoria de Pico, o ensaio filosófico de Ficino e a fábula de inspiración grecolatina de Vives.

 

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN: 978-84-17388-19-5
Nº páxinas: 126
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 15 €