Como ser muller

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA

Vivimos no mellor momento da Historia para ser muller: temos dereito ao voto e á pílula, e dende 1727 xa non nos mandan á fogueira por bruxas. Porén, aínda quedan moitas preguntas por responder: para que depilar as inguas? Deberiamos usar bótox? Ódiannos os homes en segredo? E por que todo o mundo pregunta cando vas ter un fillo? Moran aborda con intelixencia, sen tabús e cun gran sentido do humor cuestións do día a día na vida das mulleres, dende o seu punto de vista como feminista e filla dunha familia numerosa e proletaria.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2016.

ISBN: 978-84-92866-91-5
Nº páxinas: 344
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 20 €