Como se fai unha rapaza

TRADUCIÓN DENDE O INGLÉS DE ESTELA VILLAR NOGUEIRA

A adolescente Johanna Morrigan convértese en Dolly Wilde, e comeza a dedicarse á crítica musical nunha revista londiniense. Entre concerto e concerto, a protagonista relata sen papas na boca os seus esforzos por converterse en adulta a base de fumar, beber e deixar de masturbarse con todo tipo de obxectos para pasar ao sexo con todo tipo de homes.

Despois do provocador Como ser muller, Moran continúa a súa peculiar indagación sobre a feminidade con esta narración realista, descarnada e chea de humor.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.

ISBN: 978-84-17388-28-7
Nº páxinas: 354
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 21 €