Chinua Achebe

Chinua Achebe foi un novelista, poeta e crítico literario, que naceu no ano 1930 en Ogidi, unha vila de etnia ibo no sueste de Nixeria, e que forma parte da primeira xeración de intelectuais que foron educados na súa patria. Estudou Literatura na Universidade de Ibadan, e traballou durante anos na Radiotelevisión Nixeriana. Exerceu a docencia en varias universidades de Nixeria e os EUA. Traballou como profesor de Literatura no Bard College de Nova York ata o 2009. Faleceu en marzo de 2013. Chinua Achebe, que no ano 2007 recibiu o Man Booker International Prize pola súa carreira literaria, está considerado o pai e fundador da literatura africana moderna e un dos grandes escritores en lingua inglesa do s. XX.

Todo se esfarela
Xa non hai acougo
A frecha de Deus