Chimamanda Ngozi Adichie

Chimamanda Ngozi Adichie (Abba, Nixeria, 1977) pasou a maior parte da súa vida nun campus universitario, primeiro no seu país natal e logo nos Estados Unidos.

No 2003, mentres estudaba en Connecticut, publicou a súa primeira novela, O hibisco púrpuramoi ben acollida pola crítica. Por el recibiu non só o Premio Commonwealth Writer ao mellor libro dun autor novel, senón tamén o eloxio do seu admirado Chinua Achebe.

Despois virían Half of a Yellow Sun (2006), The Thing Around Your Neck (2009), Americanah (2013) e We Should All Be Feminists (2014), obras que a confirmaron como autora contemporánea de referencia.

O hibisco púrpura