CARACTERES

TRADUCIÓN DO GREGO ANTIGO DE IRIA PEDREIRA SANJURJO

Datada do século IV a.C., esta obra contén un breve, vigoroso e mordaz bosquexo dos tipos morais, e unha invalorable descrición da vida do seu tempo. En definitiva, é o primeiro intento escrito dunha sistemática de caracteres tipounha obra mordaz e agudaUnha obra clásica, pero totalmente actual e viva, na que cada persoa pode sentirse identificada mentres goza dunha lectura amena.

A día de hoxe aínda é unha incógnita se se trata dunha obra de moral teórica, un apéndice dun tratado sobre retórica ou comedia ou unha mera diversión do autor. A estreita vinculación de Teofrasto coa tradición filosófica aristotélica acrecenta o interese na súa obra.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

ISBN: 978-84-92866-90-8
Nº páxinas: 90
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 14 €