Botchan

TRADUCIÓN DO XAPONÉS DE MONA IMAI

Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. A obra presenta unha galería de personaxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico cun estilo persoal e sorprendente.

O personaxe de Botchan está construído coas propias vivencias do autor da novela, quen foi destinado á afastada escola da aldea de Matsuyama cando empezou a traballar como mestre.

Botchan é tan famoso na literatura xaponesa como pode selo Tom Sawyer na norteamericana.

ISBN: 978-84-92866-14-4
Nº páxinas: 178
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 16 €