As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

TRADUCIÓN DO POLACO, INTRODUCIÓN E NOTAS DE LÚA GARCÍA SÁNCHEZ

As aventuras de Mikołaj Doświadczyński é considerada a primeira novela polaca. O protagonista desta novela de aprendizaxe e de viaxes, Mikołaj, un nobre polaco, narra a súa vida en primeira persoa cunha clara intención didáctica. Entre estas aventuras destaca a súa estadía en Nipu, unha illa ficticia na que Ignacy Krasicki sitúa unha utopía política que emprega como contrapunto para satirizar a sociedade europea da época.

O protagonista remóntase á súa infancia e censura a educación que recibiu, contaminada por demasiadas supersticións, cuxas pegadas percibe aínda na idade adulta e contra o que ten que loitar como home ilustrado. Ao longo dos tres libros nos que se divide a novela, Mikołaj aprende a comportarse como un bo cidadán.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN: 978-84-17388-26-3
Nº páxinas: 186
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 16 €