Arto Paasilinna

Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942-2018) foi gardabosques, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros.

A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e desconcertantes, que ambienta sempre nunha natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas.

Traducido xa a decenas de linguas, O bosque dos raposos aforcados foi o primeiro libro que se verteu do finés ao galego. Despois virían O muiñeiro ouveador e O ano da lebre, publicados en galego por Rinoceronte.

O ano da lebre
O bosque dos raposos aforcados
O bosque dos raposos aforcados
O muiñeiro ouveador