Apicio

Marcus Gavius Apicius, gastrónomo romano e amante do luxo, viviu no século I da nosa era, durante o reinado de Tiberio. Aparentemente, Gavius Apicius debía o seu cognomen ao Apicio anterior, que viviu ao redor do ano 90 a. C., cuxo nome de familia puido ser, se isto é certo, Apicius, significando ‘gastrónomo’, como resultado da fama deste antigo amante do pracer da boa mesa.

A súa fortuna permitiulle dedicarse á súa afección: o refinamento gastronómico. Plinio, pola súa banda, cóntanos como foi Apicio o inventor do método para sacrificar os gansos e obter deles o paté de fígado (foie-gras), engordándoos primeiro con figos e afogándoos despois con viño melado. Este autor atribúelle tamén a enxeñosa invención de matar o muxe dentro dun recipiente repleto de salmoira de peixe para mellorar o seu sabor. Á súa vida, acorde co luxo e desenfreo do momento que lle tocou vivir, así como á súa violenta morte, ao suicidarse tomando unha copa de veleno, débense as duras críticas que recibiu dos seus contemporáneos patricios, Séneca e Marcial, de espírito máis frugal, e posteriormente dos Padres da Igrexa.

De re coquinaria (Antiga cociña romana)