Andrej Longo

Nado na illa de Ischia en 1959, Andrej Longo debe o seu nome á devoción do seu pai por Guerra e Paz. Longo, que vive actualmente en Roma, alterna a súa actividade de escritor, guionista e dramaturgo co oficio de pizzeiro e as partidas de xadrez. Con Dez (2007) conseguiu o Premio Bagutta, o Premio Nacional de Literatura de Bérgamo e o Piero Chiara. Outros títulos do mesmo autor son Più o meno alle tre e Adelante. A outra nai é a súa obra máis recente.

A outra nai