Alaa Al Aswany

Alaa Al Aswany (O Cairo, 1957) compaxina a literatura co exercicio da odontoloxía e co activismo a prol dos dereitos humanos. Membro fundador de Kefaya e intelectual de grande prestixio internacional, desempeñou un importante papel na oposición ao réxime político de Hosni Mubarak. En 2002, O edificio Yacoubian brindoulle un éxito sen precedentes, ao converterse na novela máis vendida en lingua árabe, traducida a máis de 30 idiomas e adaptada ao cine no ano 2006. Galardoado con premios internacionais, como o Bashrahil de novela árabe, o Cavafi ou o Grinzane Cavour, en 2007 publicou a novela Chicago, que describe a vida dos estudantes árabes nos Estados Unidos tras o 11-S.

O edificio Yacoubian