A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA

Xaneiro de 1946: A escritora Juliet Ashton recibe unha carta dun descoñecido, membro fundador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Así comeza unha excepcional historia sobre a illa de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club de lectura tan extraordinario coma o seu nome.

Unha novela divertida e orixinal sobre o curioso mundo dos clubs de lectura.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2015.

ISBN: 978-84-92866-80-9
Nº páxinas: 280
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18,50 €