Vanderbeke, Birgit

Vanderbeke, Birgit

Birgit Vanderbeke naceu na RDA en 1956. Tiña cinco anos cando a súa familia fuxiu ao Oeste e se instalou en Frankfurt. De nena sobresaíu nos estudos, na música e nos deportes, mais nunca deixou de se sentir diferente dos compañeiros: “Sempre cos zapatos que non eran, as medias que non eran, o peiteado que non era”. En 1989 Vanderbeke conciliaba a súa faceta de nai dun neno pequeno coa de filóloga investigadora, ultimando unha antoloxía epistolar que ilustraba a pobreza material dos xenios da literatura. Entón caeu o Muro de Berlín e principiou a reunificación alemá, e con ela a súa carreira literaria: en 1990 gañou o premio Ingeborg Bachmann coa súa opera prima, Mexillóns para cear. Foi a primeira dunha regular serie de obras breves de inconfundible estilo –”sinxelo pero sofisticado”, segundo Die Welt– que teñen recibido o aplauso do público, da crítica e dos xurados dun bo número de galardóns literarios.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029