Thompson, Jim

Thompson, Jim

O estadounidense Jim Thompson (Oklahoma 1906-California 1977) foi novelista, xornalista e guionista. Na década de 1950 gañou certo renome no circuíto da novela negra, mais foi a súa unha fama pasaxeira e restrinxida. A finais do século XX, porén, comezou a reivindicarse a súa obra polo seu valor literario intrínseco, que transcendía os límites do xénero negro. Nas obras amenas e de logrado suspense que os lectores orixinais souberan apreciar decontado, a crítica redescubriu profundidade de pensamento, maxistrais retratos psicosociais e un coñecemento da técnica narrativa e xornalística que lle permitía a Thompson experimentar e innovar con ousadía. Fillo dun shériff rural defenestrado por ludópata, familiarizado desde a adolescencia coas miserias ocultas da sociedade «normal» (traballou de mozo de hotel en plena Lei Seca), de vida sempre inestable, alcohólico ata o final, Thompson soubo observar con agudeza e retratar con mestría.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029