Teofrasto

Teofrasto

Teofrasto é o nome polo que se coñece a Tírtamo en Éreso, nado na illa de Lesbos entre o 372 e o 370 a.C. e falecido entre o 288 e o 286 a.C.

Criouse no seo dunha familia relativamente acomodada. Iso permitiu que recibise unha esmerada educación. A súa estreita relación con Aristóteles lévao a converterse nun dos seus máis brillantes discípulos e no seu sucesor á fronte do Liceo. Foi o propio Aristóteles quen lle deu o sobrenome de Teofrasto (que significa “o que fala coma os deuses”) como recoñecemento aos seus excepcionais dotes para a elocuencia, cualificados polo autor da Poética de “divinos”. 

Teofrasto escribiu –segundo varias fontes– máis de douscentos títulos sobre as máis diversas cuestións. Desafortunadamente, desta inxente produción só conservamos os seus tratados sobre botánica Historia das plantas (Περὶ φυτικῶν ἱστοριῶν) e Sobre as orixes das plantas (Περὶ φυτικῶν αἰτιῶν), Caracteres (Ἠθικοὶ χαρακτῆρες), e case douscentos fragmentos de distinta procedencia e extensión.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029