Solzhenitsyn, Aleksandr

Solzhenitsyn, Aleksandr

Aleksandr Solzhenitsyn (1918-2008), Premio Nobel de Literatura en 1970, foi un dos escritores rusos clave do século XX. De orixe humilde, na súa mocidade non cuestionou a ideoloxía soviética. Serviu como oficial do Exército Vermello, ata que foi arrestado en febreiro de 1945 por criticar a Stalin nalgunhas das súas cartas. Os once anos nos campos de traballos forzados e no desterro cambiaron profundamente a súa maneira de mirar o mundo. Ao retornar, loitou por romper o tabú da represión stalinista e converteuse nun dos disidentes máis destacados da Unión Soviética. Nas obras Un día na vida de Iván Denísovich e A choza de Matriona Solzhenitsyn opuxo os valores da xente do común á brutalidade do réxime. Despois da publicación en occidente da súa obra magna sobre os campos de traballos forzados soviéticos, Arquipélago Gulag, foi privado da cidadanía soviética e deportado en 1974.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029