Rahimi, Atiq

Rahimi, Atiq

Atiq Rahimi é un escritor e cineasta nacido en Afganistán en 1962. Estudou no Liceo franco-afgán de Kabul, a súa cidade natal, onde tamén cursou estudos de literatura na universidade. Nos anos 80 saíu do seu país por mor da guerra e refuxiouse en Paquistán. Posteriormente pediu asilo político en Francia, onde obtivo o doutoramento de comunicación audiovisual da Sorbona. Na actualidade vive e traballa en París. É tamén autor de dúas novelas en persa. Pola adaptación cinematográfica dunha delas, Terra e cinzas, foi premiado en 2004 no Festival de Cannes.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029