Ómarsdóttir, Kristín

Ómarsdóttir, Kristín

Kristín Ómarsdóttir (Reykjavík, 1962) estudou literatura e español na Universidade de Islandia. Actualmente vive na capital islandesa.

Ómarsdóttir toca todos os xéneros literarios. Comezou publicando poesía en 1987 con Í húsinu okkar er floka e cinco anos despois publicaría a súa primeira novela, Svartir brú›arkjólar.

As súas obras recibiron varios premios, como o Premio Nacional de Teatro por Draumar á hvolfi. Por Meu amor, eu morro e outras dúas novelas súas foi nominada ao Premio de Literatura Islandesa, mentres que a obra Ástarsaga 3 foi nominada ao Premio do Consello Nórdico de textos dramáticos. As súas últimas novelas, Hér (traducida ao inglés como Children in Reindeer Woods) (2011) e Milla (2012) chegaron tamén ao mercado norteamericano.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029