Moran, Caitlin

Moran, Caitlin

Caitlin Moran (Brighton, 1975) é a maior de oito irmáns e comeza a ler libros feministas para demostrarlle cientificamente ao seu irmán Eddie que é superior a el. Aos quince anos escribe o seu primeiro libro e fai os seus primeiros amigos; aos dezaseis anos comeza a traballar na redacción da revista Melody Maker e aos dezaoito convértese en columnista de The Times.

En 2010 recibe o premio á mellor columnista do ano e, máis tarde, á mellor crítica e mellor entrevistadora. Con milleiros de seguidores nas redes sociais, Caitlin Moran é un personaxe de culto, da que incluso fixeron un moneco de Lego.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029