McCloud, Scott

McCloud, Scott

Scott McCloud (Massachussetts, 1960) leva dende os 24 anos achegando aire fresco á banda deseñada estadounidense. Xa daquela, nunha época dominada polos cómics violentos e escuros, estreouse coa colorida Zot!, unha das primeiras obras influenciadas polo manga xaponés no seu país e protagonizada por un heroe procedente dun mundo paralelo no que se materializaron os vaticinios optimistas imaxinados nos séculos XIX e XX. Máis tarde chegaría Destroy!, unha parodia das escenas de pelexa dos comics de superheroes, e The new adventures os Abraham Lincoln. Posteriormente destacou coas súas achegas teóricas no eido da banda deseñada. O seu interese por explorar as posibilidades da novena arte levouno a inventar o “cómic en 24 horas” ou o termo “lenzo infinito”, que aproveita as posibilidades da web para liberar as obras dos límites da páxina.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029